Recelle

30,00

Expresións galegas bordadas en punto de cruz en bastidor circular.

  • Cona que me botou
  • Nai que me fixo
Limpiar
SKU: N/D Categoría:

Descripción

Expresións galegas bordadas en punto de cruz en bastidor circular.

Recelle é enxebre, sinxelo, típico galego. Expresa o que dicimos cando metemo-la pata ata o fondo, cando facemos unha torpeza; pero tamén o primeiro que nos vén á boca cando algo nos sae perfecto, cando nos superamos a nos mesmos e nos sentimos orgullosos ó máximo.

Poñédeo nas vosas habitacións e exclamade “Cona que me botou!” cando algo se torza. Colgádeo nunha habitación infantil, porque iso estará a pensa-lo bebé cun sorriso: “Nai que me fixo”.

Detalles:

  • O bastidor circular, de 17cm de diámetro, é de bambú e ten un peche de aceiro inoxidable.
  • A tea aida de punto de cruz é de algodón e ten 5’5 puntos por cm (14 puntos por polgada), o que lle dá un aspecto rústico.
  • Os fíos son DMC mouliné espécial, 100% algodón, cores 310, 645, 972 e 3810.
  • Cada produto realízase completamente á man e, por iso, pode haber lixeiras variacións entre uns e outros.

Información adicional

Peso 0.47 kg
Dimensións 18.5 × 17.5 × 1 cm
Texto

,