Devello nace do amor pola artesanía e a desconexión do mundo da moda.

Na nosa familia sempre houbo artesáns: dende xastras ata canteiros. Xente que, coas súas mans, creaba pezas para que outros as desfrutasen. Talvez iso estimulase o valor que damos ós oficios manuais.

Tras toda unha vida tendo que escoitar que isto se leva e estoutro non, sentindo como intentan que merquemos moitas máis cousas das que precisamos, e vendo que as calidades do que podemos mercar están moi lonxe do que queremos, decidimos romper con ese mundo.

Por que non aprender a coser para facernos a nosa propia roupa? Ou mellor: por que non segui-la tradición familiar e facer tamén pezas para que outros as desfruten?